lunes, 27 de marzo de 2023

"CÓNTAME UN CONTO". A NAI E O PAI DE NUNO E ELIO

 Hoxe visitáronnos a nai e o pai de Nuno e Elio: Saleta e Josito. Contáronnos un conto moi especial: "El monstruo peludo", que era un conto que lle gustaba moito a Saleta cando era pequena. 

Por riba, Elio e Nuno, fixeron de axudantes mostrando debuxos grandes para ver mellor as imaxes porque o conto era moi pequeniño e non as íamos a ver ben. 

Pasámolo xenial porque era unha historia moi, moi divertida que nos fixo reir un montón!. Ao final tivemos de regalo unhas chapas chulísimas para non olvidarnos do monstuo peludo tan gracioso.

Moitísimas grazas Saleta e Josito por facer un oco no voso tempo e pasar un anaquiño con nós e contarnos esta divertida historia.

Deixovos aquí un anaquiño do momento.



No hay comentarios:

Publicar un comentario