viernes, 24 de marzo de 2023

"CÓNTAME UN CONTO" A AVOA DE IRENE

 Hoxe veu á biblioteca a avoa de Irene a contarnos o conto "Voy a comedte", unha divertida historia dun lobo que non sabía pronunciar o "r".  Yolanda, coa axuda de Irene, foinos contando as aventuras deste lobo. Tamén nos cantou unha canción acompañada da súa guitarra, sobre o conto lido. E finalmente deunos de agasallo: marionetas do lobo e o coelliño para poder xogar.

Moitísimas grazas Yolanda por participar con nós nesta actividade e á tua axudante Irene que leu moi ben tamén.

Aquí vos deixo imaxes do momento. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario