miércoles, 29 de marzo de 2023

"CÓNTAME UN CONTO" A NAI DE CHLOE

 Hoxe visitounos a mamá de Chloe, Sandra, que nos trouxo un conto chulísimo titulado: "os catro gatos de Archibaldo". Estivemos moi atentos a esta fermosa historia que nos tivo enganchados ata o final.

Chloe acompañou á súa mamá mentres contaba o conto e ao rematar démoslle un aplauso enorme e un bico pola historia tan bonita con que nos agasallou.

Logo tamén recibimos outro regalo: un lápiz e un globo con canciño chulísimos, para lembrarnos que temos que portarnos ben. 

Moitísimas grazas Sandra, por acompañarnos este anaquiño e compartir con nós este conto tan chulo. 

Aquí vos deixo un vídeo do momento que compartirmos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario