jueves, 23 de marzo de 2023

"CÓNTAME UN CONTO". A NAI DE IZAN

Hoxe tivemos a visita na biblioteca á mamá de Izan: Noelia. Traía un conto moi especial: "Isto non é unha selva", que foi un regalo dos reis magos para Izan e a súa irmá. A historia é preciosa, pero por riba, a mamá de Izan e o seu axudante fixérono xenial!! Izan tamén contaba e participaba en anaquiños do conto e fíxoo moi ben. 

Moitísimas grazas Noelia por participar desta actividade con nós e compartir esta historia tan bonita. 

Aquí vos deixo unha mostra da sesión.



No hay comentarios:

Publicar un comentario