viernes, 17 de marzo de 2023

"CÓNTAME UN CONTO" A NAI DE NOA

 Hoxe tivemos unha visita moi especial. A mamá de Noa visitounos na biblioteca para realizar unha actividade proposta polo equipo da biblioteca que leva por título: Cóntame un conto. E Beatriz contounos un conto precioso: "A ovella que chocou un ovo". Tamén viña cargada de bonecos que acompañaban a lectura e precisou da sua mellor axudante!: Noa. 

Xa por último, ainda nos deron unha gran sorpresa! Tiñan un regaliño precioso feito por elas: un paxariño de lá que nos encantou, acunamos como un bebé e ata lles puxemos nome!

Moitísimas grazas Beatriz por compartir o teu tempo con nós e contarnos esta fermosa historia. E como non!, tamén á tua axudante Noa que o fixo xenial. 

Aquí vos deixo un anaquiño do momento compartido xuntos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario